Un camiño é unha oportunidade para… EMPRENDER

Descubre a semana “Galicia, Camiño Emprendedor”

Programa das xornadas

O obxectivo principal das xornadas é o de contribuír a mellorar a reflexión ante as necesidades que comportan a posta en marcha e consolidación das iniciativas empresariais dos emprendedores/as galegos/as.

Recepción e acreditación dos asistentes.

9.30 h - 10 h​

O aforo estará limitado a un máximo de 50 persoas por xornada. Non esquezas inscribirte!

Desenvolvemento da temática de cada xornada

10 h - 14 h

Cada xornada traballará un tema de interese para poñer en marcha ou consolidar o proxecto empresarial.

Xantar e Networking.

14 h - 15 h​

As persoas inscritas poderán asistir a un xantar e compartir opinións, experiencias e contactos co resto de asistentes.

Pon un mentor na túa vida

15 h - 18 h​

(Actividade optativa). Cada tarde, se porán a disposición do público o número limitado de 15 entrevistas con mentores experimentados.​

Na primeira edición de Galicia Camiño Emprendedor, celebrada o pasado 9 de novembro de 2017 participaron un total de 273 persoas e 10 poñentes ao longo de 10 horas de exposicións.

IDENTIFICA AS TÚAS COMPETENCIAS EMPRENDEDORAS

“Un camiño é unha oportunidade para… emprender”

Enumeración descritiva das 10 competencias emprendedoras recoñecidas polo programa de emprendemento das Nacións
Unidas, seguindo o método de David McClelland, avaliado pola universidade de Harvard.

Competencias de LOGRO: a procura de oportunidades e iniciativa, persistencia, cumprimento dos compromisos, esixencia da calidade, eficiencia e toma de riscos calculados. Competencias de AFILIACIÓN: fixación de metas, procura de información, planificación e seguimento sistemático. Competencias de PODER: persuasión e redes de apoio, independencia e auto confianza.

Realización dun test de auto avaliación de competencias en formato online ou papel, dependo dos recursos dispoñibles.

A TÚA EMPRESA CO MÉTODO LEAN

“Un camiño é unha oportunidade para… evolucionar”

Aplicación da metodoloxía Lean, que supón testar e adaptarse constantemente ao mercado, para introducir nas rutinas dos/as emprendores/as os hábitos que lles permitan programar actividades que doten de ferramentas para a consolidación da súa empresa.

Avaliación – Diagnóstico – Comunicación
Modelo – Validación
Execución – Análise

Realización dun Business Model Canvas e de dinámicas de avaliación en grupo.

Proba de mercado, ponte a vender

“Un camiño é unha oportunidade para… experimentar”

O test de mercado ten unha aplicación directa entre a relación do produto ou servizo comercializado e a aceptación e opinión do cliente sobre o mesmo. Realizaren este tipo de test dende o momento da definición do que imos comercializar reduce os custos, os riscos e axuda a definir un produto ou servizo axeitado cara un cliente que, ao mesmo tempo, conseguimos atopar.

Deseño dun test axeitado para o teu negocio.

Preguntas axeitadas, interpretación das respostas.

Capacidade de comercialización, adaptación ao cliente.

Mínimo produto viable.

Elaboración dun modelo de test e dinámicas de grupo para expoñer a definición de mínimo produto viable sobre casos reais.

MENTORING, REDUCE OS TEUS RISCOS

“Un camiño é unha oportunidade para… aprender”

Explicación do programa de mentoring para apoiar a emprendedores/as, establecendo os criterios e obxectivos da relación.

O rol do mentor afástase dos conceptos técnicos e se achega á figura do conselleiro con experiencia en procesos de decisión e/ou empresariais.

Normas e condicións para unha relación de mentoring.

O proceso de “matching”, ou emparellamento.

Frecuencia e duración do proceso de mentoring.

Visionamento e análise de vídeos de entrevistas de mentoring.

Visionamento de exemplos de relación de mentoring e realización de dinámicas para a aplicación e análise desta metodoloxía.

POP-UP STORE, DARSE A COÑECER

“Un camiño é unha oportunidade para… avanzar”

Os eventos, os edificios ou locais pop-up prodíganse coma ferramentas que permiten aos novos negocios con base en internet achegarse aos seus clientes dun xeito físico, coñecer novos clientes e contornas diferentes das que adoitan frecuentar e sumar forzas para competir. Aos novos/as emprendedores/as interésalles saber como funcionan, quen os promoven, seleccionar o axeitado ou delimitar a participación en recursos e espazo.

Saberemos como funcionan, quen os promoven e como seleccionar o máis axeitado a través da análise de casos e dinámicas de grupo.

Localización

Do 19 ao 23 de febreiro.

Hospedería San Martín Pinario.
Praza da Inmaculada, nº3
Santiago de Compostela.

Galicia Camiño Emprendedor 2017 ©. Desenvolto por anxosanchez.com