EMPRENDEDORAS NO CAMIÑO

Descubre a xornada “emprendedoras no camiño”.

Programa das xornadas

A xornada, conducida e presentada pola actriz Teté Delgado, seguirá o seguinte programa:

Acreditación, photocall e inauguración

9.30 h - 10.10 h

Son EmpresariA

10.10 h - 10.50 h

A forzA no rural

10.50 h - 11.30 h​

Pausa café.
Interactúa e constrúe

11.30 h - 12.15 h​

ELAS son cooperativa

12.15 h - 12.45 h

Mulleres Responsables

12.45 h - 13.30 h

Clausura da xornada

13.30 h - 13.45 h​

ContactA e picoteA

13.45 h - 14.45 h

SON EMPRESARIA

A través do formato de coloquio e coa intervención do público, achegaremos a experiencia de mulleres que lideran catro proxectos con distintos graos de éxito. Con elas, falaremos das barreiras que aínda perduran na aceptación do rol da muller como máxima responsable.

No coloquio contaremos cos seguintes proxectos e convidadas:

Modera: Carmen José López (socia directora de Lustrum abogados)

Claudia Rodríguez – Aparit

Alba Vázquez – 6ème galerie

Cristina Velasco – Anaquiños de Papel

Emma Vacas – Recréate la Plaza

A forzA no rural

Co obxectivo de amosar a relevancia da muller na recuperación e innovación do tecido empresarial no rural, contaremos coa testemuña de mulleres emprendedoras neste ámbito. Contarannos como viviron a súa decisión e responderán as preguntas do público.

Contaremos coa presenza de:

Modera: Pilar Porral (periodista y directora de Coeduca)

Inmaculada Bernal (Directora Comercial de Viña Costeira)

María Varela – Parada das Bestas, turismo rural

Carmela Valiño – Milhulloa cooperativa de mulleres

Interactúa e constrúe

Co fin de conectar e crear cruces de camiño entre emprendorAS, durante a pausa do café ofreceranse actividades de participación que facilitarán a colaboración entre o/as asistentes e as conexións de networking. As actividades propostas inclúen:

Obradoiro “Como facer un bo selfie” coa colaboración de Ivannia Salazar (Nima Photos).

Composición dun mural coas fotografías do público asistente gracias ás técnicas aprendidas.

Realización dunha escultura en directo da man da artista escultora Olalla Franco.

ELAS son cooperativa

Faremos un coloquio con algunhas das mulleres protagonistas da iniciativa cooperativista en Galicia. Falarán da súa experiencia, dos procesos que lideraron e da importancia da muller no desenrolo dunha economía social.

No coloquio participarán:

Modera: Alba Paz (Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia)

Julia Álvarez (Artigo 14, sociedade cooperativa galega)

Eva Agra (7H Cooperativa Cultural)

Ana Barrós (Identik 3D)

Mulleres Responsables

Entrevistamos a mulleres que traballan no eido da Responsabilidade Social Empresarial. Charlaremos con elas sobre a importancia da RSE no camiño cara a Igualdade e do necesario que é que as mulleres ocupen postos relevantes na definición destas estratexias.

Contaremos coa experiencia de:

Modera: Marga Borreguero (Consultura en Comunicación e RSE).

Gelines Romero (RC Deportivo).

Iria Rodríguez (Responsable RRPP y RSC de Gadisa).

Noelia López (socia en IntheMove, consultora de RSE e Innovación Social).

Alejandra Regueira (RSC Galicia).

Galicia Camiño Emprendedor

Terceira edición das xornadas Galicia Camiño Emprendedor.

A primeira edición, que tiña por título “un camiño é unha oportunidade para… emprender”, celebrouse o 9 de novembro de 2017 e participaron un total de 273 persoas e 10 poñentes ao longo de 10 horas de exposicións.

A segunda edición tivo lugar do 19 ao 23 de febreiro de 2018, “a semana Galicia Camiño Emprendedor”, onde participaron máis de 300 persoas ao longo de 5 días de intensas xornadas.

Localización

O 28 de setembro.

Salón de Actos da Fundación Paideia.
Praza de María Pita, 17.
A Coruña.

Galicia Camiño Emprendedor 2017 ©.