Quinta edición das xornadas Galicia Camiño Emprendedor.
A primeira edición, que tiña por título “un camiño é unha oportunidade para… emprender”, celebrouse o 9 de novembro de 2017 e participaron un total de 273 persoas e 10 poñentes ao longo de 10 horas de exposicións.
A segunda edición tivo lugar do 19 ao 23 de febreiro de 2018, “a semana Galicia Camiño Emprendedor”, onde participaron máis de 300 persoas ao longo de 5 días de intensas xornadas.
A terceira edición tivo lugar o 27 de setembro de 2018 centrada en proxectos próximos e reais de mulleres novas e con experiencia, e contou cunha participación de 100 persoas.
A cuarta edición, tivo lugar o 21 de febreiro de 2019 baixo o título “Camiño ao emprego”. Unha xornada sobre iniciativa xuvenil emprendedora que congregou a máis dun cento de participantes.